Onte a maior parte dos medios de comunicación publicaban os datos do "Informe da Inclusión Social 2008" realizado pola Fundación Caixa Catalunya no que entre outros datos destacan:
– O 20 % da poboación en España é pobre.
– España ten unha das tasas máis altas da UE dos quince.
– A pobreza afecta especialmente aos nenos e aos inmigrantes.
– Que as mulleres maiores de 65 anos teñen uns índices de pobreza máis altas debido ás reducidas pensións.
Se vos interesan os datos podedes ler o informe completo neste enlace e as novas aparecidas no xornal Rebelión e Público.