O Grupo “Imán” convídanos vindeiro xoves, 14 de agosto, a participar nun acto público ás 11.00 na praza da Constitución co nome "Unha mañán sen praia , toallas de praia a rúa."
Con este encontro sumámonos públicamente as mellores intencións da XVII Conferencia Internacional da Sida – México 2008. Almorzaremos xuntos e leremos unha reflexión sobre o VIH/Sida e a pobreza a nivel planetario, e como intervir aquí e agora sobre as importantes carencias por cubrir.
Animámosvos a participar traendo a vosa toalla de praia e formar un tapiz multicoor pola causa descrita e que acheguedes as toallas dalgunhas persoas que solidarias coa causa non poidan acudir.