O pasado venres 25 de xullo un grupo de trece persoas que agrupaba a membros de distintas comunidades xuvenís partiamos cara Asturias. En total foron seis días percorrendo a zona máis oriental de Asturias onde aproveitamos para percorrer algúns tramos da senda costeira.
Logo marchamos cara ao interior onde aproveitamos para pasear por Xixón e Oviedo. E de volta, visitamos Navia e Taramundi, onde puidemos visitar o conxunto etnográfico dos Teixois, no que se pode observar o uso da auga en aplicacións metalúrxicas, como fonte de enerxía, etc.
Tamén sinalar que na volta aproveitamos para visitar a cidade de Lugo, a través dun percorrido polas rúas máis céntricas e polas coñecidas murallas romanas.
En xeral, ademais de para coñecer Asturias a viaxe serviu para comprobar que existe outro xeito de viaxar, moi económico por certo, que serve ademais como xeito de afondar nas relacións persoais e comunitarias.