Un ano máis celebramos a festa da Bouza, na que a veciñanza de Coia ademais de berrar polo Centro Cultural compartimos a ledicia de sabernos xuntos e cheos de vida.
Podedes ver algunhas imaxes do día na Galería de imaxes.
Este ano a.x. Luar abriu a festa o venres coa montaxe das tendas que ían servir de teito para unha noite. Logo disto proxectouse o documental “Tornallom” que conta a loita dos veciños de La Punta e as respostas que propuxeron para defenderse do proceso especulatorio que lles viña enriba. O vídeo deu pé a unha reflexión sobre a historia das loitas levadas no barrio e que seguen continuando con outros grupos como: Xogo Descuberto, Imán, etc.
Na Bouza ceamos, con gran participación, e logo ao redor de quince persoas durmimos en reivindicación do Centro Cultural como espazo para o barrio.
O sábado a comezabamos co obradoiro de linux no que os compañeiros de Trebelab achegáronnos ao software libre a través da instalación da Ubuntu. A ética na informática, a colaboración como xeito de traballar o coñecemento libre foron algunhas das claves dese momento.
Despois puidemos degustar alimentos da terra: empanada, sardiñas, chourizo; que serviron para que chegaramos á tarde con forzas. A tarde estivo amenizada con xogos populares, co baile do grupo de Rueiro e coa presenza dun grupo folclórico de Valladolid.
Non podía rematar unha festa na nosa terra sen a presenza da queimada.
En definitiva dous días de festa onde o barrio cargou as baterías para seguir na loita común.