Amarante e Verdegaia convocannos a unhas Olimpíadas Limpas

Amarante e Verdegaia levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica aberta á cidadanía, organizando as Olimpiadas Limpas alternativas á que está por comezar en Pequín. En Vigo os actos convocados celebráranse o sábado 21, a partir das 11.30 da mañá na Praza da Constitución.

Amarante e Verdegaia levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica aberta á cidadanía, organizando as Olimpiadas Limpas alternativas á que está por comezar en Pequín en menos de dous meses (bolos, trileiros, obradoiros de confeción de balóns, carreiras solidarias…), xogos cargados de simbolismo e denuncia a través dos cales queremos evidenciar a carencia de dereitos sindicais en moitos países onde están a se instalar filiais de fábricas pertencentes ás multinacionais do deporte amparadas por unhas leis laborais totalmente flexibles que non protexen ás traballadoras e traballadores do país.

Nas accións de rúa que celebraremos simutáneamente en Vigo, Ourense, Pontevedra e Compostela, haberá, ademáis de xogos tradicionais, malabares, teatro improvisado, música, expositores de información e mesas para degustación de produtos de comercio xusto procedentes de países do Sur, entre outras actividades. Se precisades máis información poñédevos en contacto con Amarante ou Verdegaia ou acudide o sábado 21, a partir das 11.30 da mañá á Praza da Constitución.