O grupo Imán denuncia os desaloxos de persoas empobrecidas

Onte martes 27 de maio o grupo Imán convocou unha concentración na Praza da Constitución co obxectivo de visibilizar e denunciar os desaloxos de persoas no Casco Vello por mor do proceso de rehabilitación do mesmo.

Temos a sospeita de que aos poderes públicos so lles importe mellorar a condición de edificios e rúas, sen prestar a mínima atención ás persoas que na actualidade residen nel. Por iso marchouse ata o concello para berrar: Ningún desaloxo de choupanas sen realoxo!

Vigo, 27 de maio de 2008

María Méndez, concelleira de Benestar Social

Plan Local de drogodependencias e outras adiccións.

O Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións “Imán” da UAD do Concello de Vigo e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia, no contexto dos programas de saúde e convivencia, de redución de danos, nos diriximos a vostede para

EXPOÑER

Nas xuntanzas da asemblea permanente de persoas sen teito e relacións persoais con persoas empobrecidas, enfermas, perceptores de RISGA (renda de integración social de Galicia), PNCs (pensións non contributivas) ou ingresos cero que viven en choupanas (casas abandonadas), están sendo visitadas por, quen din ser, os propietarios, promotores, empresas e mesmo a policía, informándolles que deben abandonar as choupanas en prazos moi curtos de tempo posto que teñen a obriga de tapiar portas, fiestras ou calquera outro espazo de acceso aos inmobles por orden municipal. Asemade en pensións ou hostais aumentan as dificultades das que están acollidas ou se pretende un aloxamento ao tratarse de temporada alta, primavera-verán.

Esta presión está a provocar desaloxos sen que se dean alternativas de realoxos inmediatos en seres humanos, algúns deles especialmente vulnerables por estar enfermos ou tratarse de mulleres.

No día de hoxe tentamos sensibilizar a sociedade no seu conxunto, organizacións políticas, sindicais e ONGs e de maneira especial pedir ao Concello que se dean respostas urxentes, realistas e cribles para atenuar no posible a situación que estamos a describir, sabedores como somos que as políticas de alugamento autonómicas e estatais deixan excluídas ás persoas máis necesitadas de vivenda que son as sen teito.

No mes de Xaneiro prometéusenos orzamentos e políticas de realoxos que non se están a cumprir, temos solicitada unha intervención nun pleno do concello da que non tivemos resposta.

Por todo o anteriormente exposto

SOLICITAMOS

– Investimentos urxentes e especiais para as políticas de realoxos.

– Que se cree unha ventanilla única de atención inmediata para as urxencias sociais.

– Que se nos de resposta as demandas de realoxos presentadas.

– Que se teña en conta o modelo de solicitude por nós presentado para os realoxos por tratarse dun documento exento de burocracia.

– Que se revisen as políticas municipais, que nalgúns casos esixen o pagamento do 50% dos gastos de pensións ou hostais a perceptores de RISGA ou PNCs que deixan aos beneficiarios nunha situación económica que non permite cubrir as necesidades básicas e que os pagos as devanditas empresas se fagan en prazos aceptables.

– Que se acelere no posible o proceso da posta en marcha do albergue institucional que teñen comprometido para a cidade.

– Que as políticas sociais non sexan usadas como debate partidario porque prexudican gravemente os avances que se teñen que dar.

– Que as institucións municipal, autonómica i estatal merquen pisos en distintos puntos da cidade para ofertalos ás persoas sen teito en réxime de alugamento adaptado aos seus ingresos económicos.

– Que os servizos sociosanitarios rexistren como prioritario o “sinhagorismo” e pase a ser considerado como unha unha emerxencia de primeiro orden.

Consideramos que o vivir sen teito é unha das enfermidades máis graves que pode sufrir un ser humano e nesta consideración desexamos manifestar o noso total apoio aos realoxos dos chabolistas do pobo xitano e sentimos moita preocupación polas mobilizacións de cidadáns contra os realoxos que están a converter este termo en algo perigoso, negativo, estigmatizador e nalgúns casos xenófobo, cando o termo significa solidariedade, xustiza, civilización, multiculturalidade e pedagoxicamente desexable.

Manifestamos noso desacordo con sectores da poboación que están a culpabilizar publicamente ás persoas máis empobrecidas da sociedade do deterioro urbano, inmobiliario e desacougo social porque estigmatizan ás máis vulnerables apoiando indirectamente aos sectores das clases medias e privilexiadas.

Este xesto simbólico de hoxe de representar a pesada carga da pobreza, non vai contra ningún, si a prol da xustiza social.

Os voceiros dos nosos colectivos van facer entrega deste escrito a través do rexistro xeral a Concelleira de Benestar Social.

Grazas a todos e todas pola vosa presenza.

Aquí tedes o enlace ás novas publicadas na Voz de Galicia (2), no diario Qué! e no Faro de Vigo

 

2 comentarios

  1. What’s up friends, how is everything, and what you would like to say concerning this piece of writing, in my view its truly remarkable in favor of me.

  2. I?¦ve been exploring for a little for any high quality articles or blog posts in this kind of house . Exploring in Yahoo I at last stumbled upon this site. Reading this information So i?¦m glad to exhibit that I have a very excellent uncanny feeling I found out just what I needed. I most indisputably will make certain to do not overlook this website and provides it a look on a continuing basis.

Los comentarios están cerrados.