Paremos os desaloxos de choupanas

"Paremos os desaloxos das persoas que viven en choupanas, esixamos realoxos inmediatos" este é o título da Concentración-manifestación que convoca o grupo Imán o martes 27 de maio ás 11.00 hs na Praza da Constitución.

{mosimage}

“Simbolicemos a pesada carga que están a padecer as persoas máis pobres i enfermas da nosa sociedade”

Benqueridas amigas e amigos:

Nas últimas xuntanzas da asemblea permanente de persoas sen teito, profesionais e voluntarios, temos constatado que están a aumentar na cidade as presións sobre persoas que viven en choupanas. Estanse a tapiar portas e ventás, ignorando que alí dentro sobreviven seres humanos.
Estas políticas de desaloxos sen realoxo son intolerables nunha sociedade civilizada, democrática e xusta.

Polo que invitamos a que participes activamente axudando a cargar o simbólico peso das persoas máis empobrecidas dende a Praza da Constitución ata a entrada do Concello.