Foro Galego de Inmigración en A Coruña

O Grupo de apoio ás persoas estranxeiras da parroquia participará o domingo 25 de maio no Foro Galego de Inmigración que se celebrará en A Coruña, no Forum Metropolitano entre as 10.00 e as 17.00 h.

O concello de Vigo pon a solicitude de GAPE e AIDA, un autobús gratuíto, que sairá da nosa parroquia ás 8 da maña. Polo momento está confirmada a asistencia por parte de Vigo de GAPE e AIDA, xunto a Madres Latinas, Asociación Multicultural de Mujeres e Asociación Latinoamericana Nª Sª de Guadalupe.