Asemblea de barrio sobre o centro cultural

Ao redor duns 60 veciños, convocados polo Movemento Cidadán, reuníronse onte no salón de actos do complexo parroquial para: coñecer cando inciarán as obras do centro cultural e decidir que accións reivindicativas se levarán a cabo.

{mosimage}

Na actualidade o bipartito municipal, formado por PSOE e BNG, segue sen amosar vontade real por comezar a construción do centro cultural, mentres a Deputación parece disposta a ofrecer os cartos para o comezo do mesmo.

Ante esta situación, e á vista de que o diálogo político non funciona, a asemblea decidiu o comezo das mobilizacións veciñais que comezarán cunha cadea humana o domingo 25 de maio.

Presentamos unha escolma das últimas novas aparecidas na prensa sobre o centro cultural nos xornais: Voz de Galicia (1 e 2) e Faro de Vigo.