Asemblea comunidades adultos 2008

O día 11 de maio reunímonos en Vilán, todas as comunidades para celebrar a asemblea anual de comunidades de adultos. Non estabamos todos, mais había representantes de todas as comunidades, chegando case ás 60 persoas.

Podedes ver algunhas imaxes da asemblea na Galería de imaxes.

O día axudou moito, ata calor sentimos cando paseábamos por aqueles camiños tan verdes e bonitos.

Comezamos ás 11 da maña cunha oración e despois Fran presentou unhas estatísticas da avaliación do Congreso de Xustiza e Paz. En xeral houbo máis positivo que negativo. A continuación Emilio explicou as propostas dalgúns temas que deberíamos escoller para o vindeiro curso. Repartímonos en pequenos grupos para escoller un ou dous temas.

Houbo unha posta en común dos grupos que coincidirán moitos temas e quedou Emilio en facer unha séntese dos para presentar ás comunidades na Asemblea Parroquial.

Terminamos cunha celebración da Eucaristía e compartindo todos xuntos o xantar. Pola tarde, fomos pasear, falar, convivir con persoas doutras comunidades. Tamén demos a benvida á comunidade INCO que por primeira vez participaba na asemblea de adultos.