Xantar comunitario pola morte de Óscar Romero

O 24 de marzo celebrouse o aniversario do asasinato de Monseñor Óscar Romero e o comité Óscar Romero de Vigo o celebrou o domingo 13; xa que antes estabamos co congreso.

Convidamos a este xantar aos colectivos de Imán, Sereos, inmigrantes e ás comunidades da parroquia Cristo da Victoria para unha comida latinoamericana.

Eramos máis ou menos unhas 100 persoas que compartimos fraternalmente comida, ledicia, cercanía e a acollida do comité. Son momentos que axúdannos a manter o facho da utopía acendida na loita a favor da solidariedade, dunha vida mais digna e máis humana.