Campaña de socios/as da parroquia «Cristo da Victoria»

Como moitos xa sabedes, dende o seu nacemento hai máis de 30 anos, a nosa parroquia optou por ser un espazo comunitario e aberto para todo o noso barrio.

A diferenza doutros modelos, nós temos apostado por unha Igrexa que ofrece de balde todos os servizos relixiosos e mesmo pon a disposición de diversas asociacións e entidades do barrio as súas instalacións. Este modelo de funcionamento, precisa sen embargo da colaboración voluntaria de todos/as para o seu sostemento.

Se podes e queres participar como socio/a da Parroquia ofrecémosche a posibilidade de facelo mediante o pago directo á persoa que no teu bloque se encarga desta cobranza ou, se che resulta máis cómodo, mediante domiciliación bancaria a través do formulario que poñemos á túa disposición.

Mesmo se xa estás colaborando, pedímosche que cubras un destes boletíns (boletín1 e boletín2) de subscrición, para facernos máis doada a renovación dos teus datos.