Lazo contra a SIDA

Onte a nosa igrexa acolleu o inicio dos actos celebrados no día mundial da SIDA que na nosa cidade organizou o grupo IMÁN.

Os que chegábamos á igrexa eramos recibidos por un enorme lazo vermello confeccionado por centenas de velas. Despois disto comezamos cantando "No dudaría" para seguir coa lectura do manifesto-reflexión dos membros do grupo IMÁN.

{mosimage}

Continuamos cantando "Gracias a la vida" e seguemos coas intervencións de Emilio como representante da comunidade, dunha representante do Partido Popular, con Chus Lago concelleira do PSOE no concello de Vigo e con María Méndez cncelleira de Benestar Social do concello de Vigo.

Para rematar o director da UAD de Vigo deu algúns datos sobre a SIDA en Galicia e rematamos agarrados das mans para cantar o "Himno da Alegría".

En definitiva un acto no que se denunciou a urxencia dun albergue para as persoas sen teito e que se remate dunha vez coa pobreza que tantas mortes está a provocar.

Máis información na web da Voz de Galicia.

Hoxe continúan os actos na porta do Alcampo de Coia onde se confeccionará de novo o lazo vermello e se repartirán bolsas con material informativo sobre a SIDA.