Colombia: violacións dos dereitos humanos

Colombia está a sufrir agresións moi graves no terreo dos dereitos humanos durante o mandato de Álvaro Uribe, unha situación silenciada e esquecida nos medios de comunicación de masas que non está a chegar á opinión pública.

Máis información na web de redes cristiás sobre a situación de Colombia.

{mosimage}

É coñecido o problema da guerrilla e dos paramilitares, pero non tanto as consecuencias deste conflito na poboación civil. Na actualidade moitas persoas e comunidades están sendo desprazadas dos seus lugares de orixe por intereses económicos. As grandes multinacionais -entre elas española como Fenosa, Banco Santander, BBVA- co beneplácito do goberno colombiano interrompen a vida de pobos e comunidades co fin de obter o maior rendemento económico dos recursos naturais do terreo.

Deste xeito os seus habitantes son desprazados, etiquetados como membros da guerrilla expostos así a agresións de todo tipo. Fronte a esta situación numerosas organizacións posiciónanse a favor dos dereitos da poboación e comezan a traballar: informándoos dos seus dereitos, denunciando os asasinatos e as expulsións masivas, etc. Nese intre é cando ao hostigamento á poboación desprazada engádese tamén a persecución daqueles que defenden os dereitos humanos; e todo nun ambiente no que a única lóxica que parece importar é a económica.

Lembramos que a situación de Colombia non se pode entender sen ter en conta os intereses de EE.UU. e das grandes multinacionais que co amparo do goberno colombiano están impoñendo un modelo neoliberal que nin respecta a normativa actual colombiana.

Na web de Amnistía Internacional podedes ler máis información sobre as ameazas a persoas e grupos que traballan polo recoñecemento dos dereitos humanos, ademais de poder enviar unha carta ao presidente de Colombia denunciando este feitos.