Presentación na diócese do curso de catequese 2007-08

Este sábado tivo lugar a presentación do curso de catequese 2007-2008, no Seminario Maior San Xosé coa presencia do bispo. A dita presentación asistiron catequistas de toda a diócese -tamén nos- e o delegado diocesán para a catequese que aproveitou para explicar o plan trienal de acción na catequese 2007-2010…

O pasado sábado 6 de outubro tivo lugar a presentación do curso de catequese 2007-2008, no Seminario Maior San Xosé coa presencia do Sr. Bispo. Asistiron catequistas de toda a diócese -tamén da nosa parroquia- e o delegado diocesán para a catequese, José Vidal aproveitou para a explicar o plan trienal de acción na catequese 2007-2010.

Logo de varios anos de reflexión dende a diócese proponse este plan cuxo eixe central vai ser a eucaristía, cun lema común: Eucaristía, fonte e cumio da vida cristiá.

O obxectivo xeral e promover o aprecio e a vivencia da eucaristía como fonte e cumio da vida cristiá. Tomar conciencia e asumir a centralidade da eucaristía na vida cristiá como Misterio que se ha de crer. Os secretariados de catequese de Galicia propóñense levar a cabo unha serie de accións para acadar o obxectivo do curso entre as que salientan as seguintes:

1.- Ofrecer orientacións e instrumentos prácticos as parroquias para a celebración do Día da Catequese.

2.- Potenciar cursiños, encontros e escolas de formación de equipos educativos na fe para formarse, programar e celebrar a fe.

3.-Difundir distintos materiais que axuden os equipos de formación na fe, no desenvolvemento da súa tarefa

4.- Divulgar os materiais existentes para as catequeses de distintas idades.

5.- Promover o uso de materiais audiovisuais para lle dar máis forza expresiva nos encontros de catequese.

Isto a grandes trazos o que deu de si esta xuntanza, sabedes que na parroquia hai máis información e tamén na páxina da diocese www. diocesetuivigo.org

Bo curso para todo o equipo educativo na fe