“Mulleres de barrio”

O pasado venres, día 2 de marzo, celebramos no salón de actos da Parroquia do Cristo da Victoria unha actividade de vídeo fórum para conmemorar o Día da Muller, como xa anunciamos nesta mesma web.

No marco desa actividade proxectouse a curta “Mulleres de barrio”, protagonizada por mulleres do barrio de Coia, que quería ser un grito de denuncia e reivindicación ante a opresión, a marxinación e a invisibilización de tantas xeracións de mulleres anónimas que adicaron as súas vidas a soster os coidados, as economías familiares e o tecido social dos nosos barrios.

Hoxe, día 4 de marzo, con motivo da manifestación unitaria en Vigo polo Día da Muller, facemos público este vídeo, para que a súa mensaxe sexa compartida e difundida por todas aquelas que cren na superación do capitalismo heteropatriarcal e na construción dun mundo diferente, máis fraterno e solidario.