3ª Festa Africa Viva

O vindeiro sábado 8 de xuño celebrase en Vigo a 3ª Festa Africa Viva da campaña de REDES «África cuestión de Vida, cuestión debida».

Como en anteriores ocasións haberá obradoiros para cativos e maiores, zona de degustación de produtos africanos e música (moita e boa música).

As actividades comezarán ás 18h00 para rematar ás 23h00 na praza do Pobo Galego (no colexio de arquitectos detrás do Sireno).