Acompañamento de enfermos e maiores
Un dos grupos desfavorecidos da nosa sociedade é o colectivo de anciáns, fundamentalmente aqueles que se atopan enfermos. Un grupo cada vez máis numeroso, gracias ás expectativas de vida que causa o envellecemento da nosa poboación.
O noso barrio non podía ser distinto a esta realidade. Por iso, un bo día un grupo de mulleres e homes no agradable que podería ser acompañar, aínda que só fora unha hora á semana, ás persoas do noso barrio que viven soas, ou a súa saúde é delicada e apenas saen de casa. Outras veces só trataríase de liberar un ratiño ás familias que os coidan. Así puxémonos, a traballar.
No comezo a tarefa non foi sinxela, xa que non coñecíamos suficientemente a situación e o que podíamos facer para colaborar.
Comezamos a xuntarnos hai algo máis de dous anos, os terceiros luns de cada mes. Durante as reunións preocupámonos de saber cal era o número de anciáns e persoas soas, enfermas ou necesitadas da nosa axuda ou compaña. Tamén insistimos na formación en novas técnicas e coñecer os recursos sociais existentes tanto no Concello de Vigo, como na Xunta de Galicia para maiores e enfermos.
Que facemos?
Distribuírnos o tempo semanal, segundo as necesidades da xente que visitamos; depende do que eles demanden: escoitamos, xogamos ás cartas, parchís, falamos, facemos agarimos ou paseamos pola casa.
Todo isto co fin de facerlles a vida máis agradable a esta xente que consideramos amiga. O feito é que gozamos moito e enriquecemonos coas súas experiencias de vida.
Se sabedes dalgunha persoa do barrio que necesite a nosa presenza, por favor non deixedes de avisarmos. Por suposto, animamosvos tamén a formar parte deste grupo.