Hoxe o grupo Imán volveu a convocar un acto na rúa para reclamar a reapertura do local Sereos, que segue a funcionar nunha furgoneta tras o peche do local de Elduayen o pasado mes de agosto.
Para esta causa convocaron unha manifestación dende o MARCO ata a praza da Constitución. Xogando coas intencións dos poderes, un grupo dos presentes varreron o noso camiño, do mesmo xeito que o queren facer estes coas persoas empobrecidas da cidade. Queren facernos pensar que agochando as persoas máis maltratadas da nosa cidade desaparecen os problemas desaparecen ou cando menos non afean o centro da cidade.
Achegamos un vídeo resumo da convocatoria por cortesía de www.vigovideo.es: www.youtube.com/watch?v=eq-VfZBXJUQ&feature=share