Xa está aberta a inscrición para a catequese 2013/14

Esta semana abrimos o prazo para inscribir aos vosos/as fillos/as na catequese 2013/14 da nosa comunidade. O prazo está aberto desde o 16 de setembro ata o mércores 25 de setembro, basta con achegarse ao despacho parroquial en horario de 20h00 a 21h30.

Para facer a inscrición cómpre levar:

– Foto recente (novas inscricións)

– 2 € (para material)

Os horarios e días da catequese nas distintas etapas son:

Iniciación (2º Primaria) – Martes, 19h00-20h00

Comuñón (3º Primaria) – Xoves, 19h00-20h00

Postcomuñón (4º,5º,6º prim., 1º e 2º ESO) – Domingos, 11h00-12h15

Adolescentes (3º e 4º ESO, 1º e 2º Bach.) – Pendente de acordar

As actividades comezan na primeira semana de outubro.