O sábado día 13 tivo lugar en Vilán a primeira convivencia das comunidades que formamos a parroquia, deixando atrás o costume de separarnos por idades. A xornada estivo presidida por un sol radiante que xa auguraba a riqueza do encontro. En pequenos grupos, onde a mestura non tiña en conta nin xeracións, nin comunidades diferentes, reflexionamos sobre o modelo de vida e a espiritualidade, que Santo Domingo e os dominicos levannos propoñendo, a través dos anos, como modelo a seguir. Seguidamente en gran grupo, puxemos en común as reflexións de cada grupo. Despois dun xantar común, disfrutamos dunha preciosa tarde, onde de maneira máis informal seguimos afondando no tema.
Xornadas coma esta, onde podemos sentir a importancia da convivencia e da unión entre os que conformamos a Comunidade, son as que nos demostran que existe e que é posible outro modo de vivir e de facer as cousas.
Ata o ano que ven.