Entre os días 9 e 19 deste mes de Agosto a casa de Vilán serviu de centro base para a Ruta Nacional dos Compañeiros de San Francisco (www.cdsf.org). Este ano participaron 25 persoas, divididas en 2 grupos, o de camiñantes e o grupo estrela. Os camiñantes, partindo desde Vilán e camiñando uns 10-15 km diarios coa mochila ao lombo, percorreron nun roteiro circular A Ermida, Louredo, Redondela (visitando a illa de San Simón), Soutomaior (percorrendo o castelo e os seus xardíns), A Lama e os Prados, para finalizar en Vilán. O grupo estrela, composto polas persoas que non podía andar moito pola moita ou pouca idade ou pola saúde, fixemos paseíños curtos coa axuda dos coches pola praia fluvial de Fornelos, Forzáns, Caritel, Pontecaldelas (coa súa praia fluvial e pasos de A Fraga), Tourón, Verducido e acompañaron ao outro grupo ás visitas á illa de San Simón e a Soutomaior.
A meirande parte da xente viñera dende Valladolid e Madrid, aínda que había alguén de Antequera e tamén de Portugal (Oeiras) e Holanda (Schrjndel). Quedaron encantados coa casa, abraiados polas paisaxes e sendeiros percorridos, polo bo tempo para camiñar e ata pola chuvia. A convivencia resultou un éxito e louvaron moito as instalacións de Vilán que agradeceron ter a oportunidade de compartir a experiencia cunha familia da nosa comunidade, que tamén participou na ruta, ademáis de contar coa axuda doutras persoas na preparación e acompañamento polo percorrido. A avaliación final farase no mes de Outubro, pero quedaron con ganas de repetir…
Merely wanna input on few general things, The website layout is perfect, the subject matter is rattling excellent : D.