Este ano, ante o risco de choivas, vímonos obrigados a celebrar o noso Magosto nos baixos da Parroquia e non no corazón do parque de A Bouza como se viña repetindo dende hai anos.
Iso si o mal tempo, non nos impediu saborear as primeiras castañas e viño da terra. Alí pasamos unha boa tarde convivindo varias xeracións. Ata a próxima.
Podedes ver as imaxes do Magosto na Galería de imaxes.