Onte, cando o mercurio subía por riba dos 35 ºC, experimentamos de novo o alivio de estar á sombra baixo as frondosas ramas dunha carballeira, como a de A Bouza. E se a tónica xeral foron as altas temperaturas, hai que sumar tamén o calor humano. En torno a unhas 400 persoas de todas as idades achegámonos a participar dunha Festa que é nosa, nesta contorna tan especial, símbolo do noso barrio e onde queremos que se constrúa o noso Centro Cultural.
Como estaba previsto, as primeiras sardiñas da temporada foron coméndose ao longo de toda a xornada. As empanadas e as tortillas feitas por voluntarias non podían estar máis ricas.
O noso Folclore, Bailes, Gaiteros e pandeteiras de Rueiro, amenizarón a tarde coa súa arte. O xogo da chave tamén tivo a súa protagonismo. Cada vez vai tendo máis adeptos e observouse un ano máis o bo nivel de xogo.
Unha xornada que se tardará en esquecer, ata a próxima. Podedes ver as fotos do día na Galería de Imaxes.