Seguimos compartindo convosco as impresións do encontro con Gustavo. Esta vez son pinceladas sobre as actitudes dun/dunha boa transmisor/a do evanxeo tomadas do mesmo evanxeo como é costume en Gustavo:
1/ Entusiasmado/a con Xesús e a súa forma de vida: dous discípulos do Bautista vanse con Xesús. Onde vives? Vide e verédelo! Fóronse con El, gustoulles e quedaron porque tiña sentido para eles “mellorar a vida humana”? Probamos a vida de Xesús e entusiasmámonos con ela?
2/ Deixarse querer polos pobres, ser os seus amigos: unha muller en Betania derrama sobre Xesús en agradecemento un caro perfume ante as críticas dos comensais. Xesús déixase querer. A solidariedade ten ida pero tamén volta que hai que saber acoller. É importante a xustiza, pero non hai que esquecer a gratuidade. Nas nosas comunidades os pobres son só obxecto de caridade ou son tamén os nosos amigos?
3/ Aprender a mirar: Xesús, sentado diante do peto-tesouro do templo sabe valorar a pequena esmola dunha pobre viúva e descubrir a arrogancia que hai detrás da esmola dun rico. Xesús sabe ver os signos das persoas e dos tempos; sabe discernir. A Igrexa, as comunidades, sabemos descubrir os signos dos tempos: a democracia, os dereitos humans, a igualdade da muller…?
4/ Aprender a cambiar. Foi o evanxeo que leimos fai dous domingos cando Xesús logo de moita insistencia dunha muller pagá de que curase á súa filla descubriu que estaba chamado a acompañar non só aos seus sino a todo aquel ou aquela que necesitase axuda. Xesús aprende a cambiar; ser humano é saber cambiar. A Igrexa, as comunidades, nós sabemos cambiar ante as circunstancias que nos toca vivir?
Vale por hoxe. O resumo é só un aperitivo para as comunidades que despois desexen profundar sobre él durante o curso neste ano que a Igrexa de Tui-Vigo proponse potenciar o estudo da Biblia.
This is the right blog for anyone who wants to find out about this topic. You realize so much its almost hard to argue with you (not that I actually would want…HaHa). You definitely put a new spin on a topic thats been written about for years. Great stuff, just great!