Concentración IMÁN

O grupo IMÁN convídanos a unha concentración para reclamar o albergue municipal e a construción de vivendas sociais para as persoas máis empobrecidas da nosa cidade, compromisos aos que os grupos políticos que gobernan a cidade comprometéronse a cumprir nas últimas eleccións.

Será o mércores 29 ás 19 h na porta do MARCO (rúa do Príncipe)

{mosimage} 

En demanda de: Albergue de titularidade institucional e Vivendas de
titularidade pública en alugueiros alcanzables para as persoas sen
teito. Invitamos a acudir vestidos con ROUPA NEGRA como símbolo da
vida en branco e negro que estamos a padecer as persoas sen teito.
Aínda que chova, este acto non se suspende.
PROMESAS INCUMPRIDAS PROMESAS INCUMPRIDAS

Convocan: Grupo de Autoapoio VIH/Sida e Adiccións "Imán"da UAD do
Concello de Vigo e Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia.