No ano 2007 a atención que se viña facendo no despacho parroquial sufriu un cambio de perspectiva pasando a crear a Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia). Dentro dos seus obxectivos ademais da atención daquelas situacións críticas de veciños que se achegan ou das que se ten coñecemento (problemas de vivenda, escasez de recursos económicos, etc.) continuamos de xeito máis formal co obxectivo de incidir por unha parte en ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse…) e por outra de sumar forzas na loita contra a desigualdade e a precariedade.
Neste ano sumamos unha nova ferramenta máis coa posta en marcha dunha web: odscoia.arkipelagos.net.