Os días 10 e 11 de decembro estivo connosco o Teólogo José A. Pagola. O Obxectivo era acompañar a reflexión da Comunidade, nestes días de advento, en torno á figura de Xesús de Nazaret.
Pagola desenvolveu dúas charlas co ánimo de devolvernos á centralidade da mensaxe de Xesús. o Reino de Deus. Xesús nos fala dun xeito novo de relacionarnos con Deus e cos demais, facendo un mundo novo, comezando dende os “últimos”. Isto define a Deus como un Pai compasivo, conmovido pola situación dos deus fillos e fillas. A ese Xesús temos que volver como tarefa urxente na Igrexa. Unha Igrexa que fronte ás dificultades cae moitas veces na tentación das respostas automática e o restauracionismo, que se ve acompañado dunha certa pasividade do pobo cristián. A chamada é a converternos ao evanxeo de Xesús, máis aló de pequenas actualización da nosa práctica eclesial. Apostar por recuperar a nosa identidade cristiá, sendo transmisores da realidade do Reino, dende unha atenta lectura profética da realidade.
As palabras de José A. Pagola foron fonte de ledicia e esperanza para a comunidade, que recibiu, ademais, a visita de moitas persoas que compartiron connosco estes momentos.