O pasado luns coincidindo coa Día da Constitución o grupo Imán convocaba unha xornada de 24 horas na praza da Constitución, con durmida incluída, para reclamar a urxente apertura do dispositivo contra o frío. Ao día seguinte membros do grupo tiveron unha reunión co alcalde no que este desvelou que se están a facer xestións para apertura do albergue no CIS da avenida de Madrid.
Tras rematar a reunión a concelleira de Benestar anunciaba a que o xoves 9 abríase o dispositivo contra o frío no pavillón de O Berbés.
Queda claro que os socios de goberno non son quen de poñerse de acordo sobre este tema e a prensa da cidade está a recoller toda esta polémica. Alúmenos nesta semana ponse en marcha un recurso que palia a necesidade das persoas que viven nas rúas da cidade.