No primeiro mundo, se che doe algo hai pastillas para mitigar case calquera dor. Pero… que pasa se o que che doe é a dor allea, a dor dos que non teñen pastillas para curar o seu sufrimento? Non é xenial, que nós que temos pastillas de case todo, poidamos tomar unha para calmar a dor dos que non teñen? Así presenta Médicos Sen Fronteiras a súa campaña «Pastillas contra dor allea» que para eles representa un acto simbólico pero, á vez, de grande impacto: comprando esta caixa de caramelos -de venda exclusiva en farmacias- e ao prezo de só 1 euro estás a colaborar nunha campaña solidaria de axuda a enfermos esquecidos.
Tedes toda a información desta campaña na web: www.msf.es/pastillascontraeldolorajeno
great issues altogether, you just won a emblem new reader. What would you recommend in regards to your put up that you simply made a few days in the past? Any sure?