Tras a asemblea de barrio celebrada o xoves 12 de febreiro de 2009 Movemento Cidadán "O noso barrio" emite o seguinte comunicado no que anuncia as medidas acordadas na mesma co fin de reclamar que comecen as obras do Centro Cultural.
O MOVEMENTO CIDADÁN “O NOSO BARRIO” DA PARROQUIA DO CRISTO DÁ VITORIA (Coia), QUERE POÑER EN COÑECEMENTO DA OPINIÓN PÚBLICA:
Que na Asemblea celebrada o xoves, día 12 de febreiro, no Complexo Parroquial e logo de informar sobre as xestións realizadas co Concello e partidos políticos abriuse un intenso debate onde se chegou ao convencemento case unánime por parte da Asemblea do seguinte:
– Nos cerca 40 anos da historia reivindicativa do Centro Cultural na Bouza non houbo nunca vontade política de facelo realidade por parte dos diferentes gobernos, a pesar que, en todos eles, sempre houbo o compromiso “teórico” de facelo.
– Estiveron mentindo compulsivamente con medias verdades (legalización dos terreos, falta de diñeiro, proxectos) que son sempre unha gran mentira.
– Agora, que hai o diñeiro da Deputación e que non existen outras “ilegalidades” seguen imperando os intereses partidistas, esquecendo as necesidades e dereitos dos veciños.
Dende este momento e ata que non teñamos por escrito e con plena garantía do Concello: “O COMPROMISO REAL DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO CULTURAL, A MODIFICACIÓN DO PERI DO 93, XUNTO COA ACHEGA ECONÓMICA OFRECIDA POLA DEPUTACIÓN, O COMEZO DAS OBRAS CANTO ANTES E A CONTINUIDADE NO TEMPO DAS MESMAS”. PROMOVEREMOS As SEGUINTES ACTUACIÓNS:
1- Pedir o VOTO EN BRANCO nestas Eleccións e estudar a posibilidade de preparar unha CANDITATURA DA ZONA DE COIA cara as próximas eleccións municipais.
2- Facer unha CADEA HUMANA o vindeiro domingo, día 15. Sairía desde a Igrexa parroquial ás 13 horas ata o terreo designado para o Centro Cultural.
3- CONCENTRACIÓN na Praza do Cristo da Vitoria o día 26 de febreiro ás 19 horas.
4- Organizar unha MACRO – MANIFESTACIÓN.
Vigo, a 13 de febreiro de 2009