925 millóns de persoas pasan fame

Cada certo tempo coincidindo con algún acto da ONU ou dalgunha das súas organizacións amosan os grandes medios datos sobre a fame no mundo. Esta semana anuncian que unha sexta parte da poboación do planeta pasa fame (www.publico.es/internacional/336633/hambre/mundo/sigue/elevada/inaceptable) e dan tamén outro dato que sería máis barato rematar con ela que pagar económicamente as consecuencias que ela provoca (www.vigoalminuto.com/2010/09/14/es-mas-barato-acabar-con-el-hambre-que-ignorarla).