O mércores 10 de decembro ás 20.00 no Auditorio do Areal de Vigo (Areal 46) o Club Faro organiza unha mesa redonda co título: "O mundo da fame, soidade e droga: quen o atende en Vigo?" entre Jaime Barrecheguren, delegado de Acción Caritativa e Social na Diócese de Tui-Vigo; o Hno. José Antonio Donaire, responsable dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres; o Pai Carlos Olivares, director da Misión do Silencio; e Antón Bouzas, coordinador do Grupo de Autoaxuda e Adiccións "Imán".