COMUNICADO COORDINADORA DE CRENTES
Ola a tod@s:
Esperamos que a Páscoa que acabamos de celebrar nos enchera a todos de novos folgos. Durante estes días seguro que tivéchedes noticia dos problemas que están a ter co Sr. Rouco os nosos irmáns da Parroquia de San Carlos Borromeo en Madrid. Ante a petición de varios de vós, e aínda que sexa un pouco tarde, a Coordinadora de Crentes Galegos ven de facer público o comunicado que se axunta. Pedímosvos que lle deades a máxima difusión.
Aproveitamos o correo para recordarvos que o SÁBADO 14 a iso das 20:20 h.
(retrasámolo un pouquiño por problemas técnicos) na capela do Colexio La Salle xuntarémonos de novo os "dispersos" para celebrar a nosa fe. Estades todos convidados.
Un saúdo
AS ASOCIACIÓNS DA IGREXA DE BASE DE GALICIA organizadas na Coordinadora de Crentes Galegos (Hoac Vigo. Comunidades de Base de Santiago. Comunidades de Base de Ferrol. Comunidades de Base de A Coruña. Comunidades de Base de Pontevedra.
Comunidades de Base de Vigo. Vangarda Obreira. Grupo de Cregos Galegos. Asociación Irimia. Comunidade Home Novo. Somos Igrexa Galicia. Escola de Espiritualidade. Mulleres Cristiás Galegas , Sábados Biblícos e Encrucillada) en relación coa resolución do Arcebispado de Madrid que pretende pechar a Parroquia de San Carlos Borromeo ubicada no barrio de Vallecas
da Capital do Estado presentamos o seguinte COMUNICADO:
1.- Amosamos a nosa fonda solidariedade cos tres sacerdotes responsables da mesma e co conxunto da comunidade parroquial. Trátase dun exemplo máis de parroquia volcada ao servizo dos empobrecidos e empobrecidas da nosa sociedade, como outras na mesma cidade de Madrid ou noutros puntos do territorio español, tamén aquí en Galiza. Son exemplos relevantes do fondo compromiso social dunha parte importante da Igrexa española, habitualmente silenciada e esquecida pola xerarquía eclesial.
2.- Para as organizacións e grupos que conformamos esta Coordinadora, esa opción preferencial polos empobrecidos e empobrecidas da nosa sociedade debe ser hoxe a principal aposta da Igrexa seguidora de Xesús de Nazaré: non ten sentido algún sen esta opción a Pascua de Resurrección que rematamos de celebrar.
3.- As formas litúrxicas obxecto de controversia son unha mera desculpa: multitude de pascuas xuvenís, por exemplo, que tiveron lugar durante estes días en moito lugares de España e de Galiza utilizan formas litúrxicas como as que aquí se pretenden condear. Parroquias e grupos da Igrexa de Base de Galiza, e mesmo grupos máis conservadores, utilizamos esas formas ou outras similares dende hai moitos anos, co único obxectivo de facer máis vivas e participativas as celebracións eucarísticas.
4.- Lamentamos fondamente que de novo se pretenda , como no caso de Jon Sobrino, perseguir aos grupos de Igrexa máis fondamente comprometidos cos empobrecidos de todas as sociedades. Pero, do mesmo xeito , reafirmamos o noso compromiso de seguir a traballar na mesma liña de opción preferencial polos empobrecidos, xa que é o propio Deus de Xesús de Nazaré o que nos impulsa nesa opción.
5.- Coa ledicia, agarimo e limpeza de espírito do Xesús Resucitado, saudamos cordialmente
aos nosos irmáns e irmás desa parroquia de Vallecas, onde sopra con forza o verdadeiro espírito de Deus, ante o que nada van poder facer as absurdas condeas da nosa triste xerarquía eclesial.
COORDINADORA DE CRENTES GALEGOS
Fantastic beat ! I would like to apprentice at the same time as you amend your site, how can i subscribe for a weblog web site? The account helped me a applicable deal. I were a little bit acquainted of this your broadcast provided brilliant transparent idea