O sábado pasado os veciños do centro da cidade recibían un presunto bando do alcalde no que se anunciaba un acordo coa inmobiliaria de Karpin para convertir o antigo asilo de Pi y Margall en albergue e comedor municipal para os sen teito e nun espazo de uso social para colectivos.
Esta acción foi realizada por un grupo da cidade co obxectivo de facer reflexionar aos cidadán sobre o papel que xogan os políticos e o que poderían xogar.
Por desgraza na campaña real non teñen cabida estas novas, pero alómenos permítenos pensar noutra cidade posible. Podedes ver a imaxe na parte de descargas co nome de "Bando concello".