Iniciamos o advento con Frei Betto

Na primeira xornada, Frei Betto achegounos a realidade dunha América latina que está ao seu entender vivindo unha "primavera democrática". Por primeira vez, e a pesares dos moitos recelos que poden provocar algúns dos seus dirixentes, en moitas nacións latinoamericanas, as clases populares son donas do seu destino. Neste senso, advertiunos que se seguen a medrar os prexuízos occidentais diante destes gobernos, probablemente esteamos a favorecer a volta dos rexímenes totalitarios no continente suramericano.

{mosimage}

Podedes ler a entrevista publicada na Voz de Galicia do venres.

No segundo día, baixo o título de "Ecoloxía interior", Betto afirmou a urxente necesidade que temos de rescatar tempos de interioridade. Dende unha perspectiva relixiosa ou laica, xa sexa pola oración ou pola meditación, os seres humanos atopámonos nunha encrucillada que demanda de nós enchernos de espiritualidade. Dende aí, atoparemos camiños de crecemento persoal que nos fan quen de afrontar a realidade dun xeito novo e transformador.

Particularmente proveitosos foron os momentos de diálogo que seguiron a estas reflexións, nos que Betto deixounos valiosas "perlas" dos moitos eidos nos que ten reflexionado e mesmo escrito.