Tras case un mes en folga de fame iniciada a raiz da súa arbitraria expulsión de Marrocos, a vida da activista saharauí, Aminatu Haidar, comeza a pender dun fío.
Os intentos errados do goberno español de persuadir a Marrocos para que permita o regreso de Haidar á súa casa no Sahara Occidental, obrigan a unha maior presión internacional que poña fin a esta escandalosa situación.
Unamos a nosa voces a todos os que están mobilizándose polo dereito de Aminatu a volver ao seu fogar cos seus sen renunciar á súa dignidade e liberdades. Asina a petición, e axuda a xerar unha verdadeira marea de opinión pública reenvíandola a todos os teus amigos e coñecidos.
Toda a información neste enlace: http://www.avaaz.org/es/haidar_safe_return/97.php/?cl_tta_sign=5575af6d53ded151ff8382fcb8663745