O Comité Óscar Romero traballa nas seguintes liñas:
- Sensibilizándonos a nós e á sociedade que nos arrodea para cambiar a realidade máis próxima.
 - Facilitando a comunicación entre as comunidades cristiás de cada pobo co fin de enriquecernos mutuamente.
 - Denunciando as violacións de Dereitos Humanos e respostando aos acontecementos salientables que xorden na realidade latinoamericana da maneira máis axeitada a cada momento.
 - Colaborando en pequenos proxectos que esperten a conciencia solidaria, que favorezan a organización popular e que contemplen mecanismos de autofinanciación.
 - En Vigo o Comité forma parte do Foro Social Galicia Sur, entidade de coordinación entre ONGs desta área.
 - En Galicia desenvolve tarefas de sensibilización e denuncia.
 - En Latinoamérica, leva adiante labores de apon á proxectos de formación do campesiñado, mulleres…traballando na capacitación de líderes populares.
 - En todo o mundo traballamos en coordinación co SICSAL (Servizo Internacional Cristiano de Solidariedade con América Latina).
 
Material de educación para o desenvolvemento
A Coordinadora Estatal dispón dunha web, na que hai información ao respecto ademais de elabora diversos materiais de formación e sensibilización. O Comité en Vigo edita unha folla mensual de carácter informativo, chamada “Cor”.
Voluntariado internacional
Entendemos a solidariedade como un proceso de ida e volta, unha relación entre irmáns, que nos fai cuestionar as nosas vidas, as nosas estruturas sociais inxustas, o noso ser e o noso estar na Igrexa e no mundo.
Os Coordinadora Estatal organiza equipos de voluntariado de actuación nos países latinoamericanos (Guatemala, El Salvador, Nicaragua). A estes programas sumáronse en diversas ocasión persoas do comité vigués.
Dende o Comité de Vigo ofertase toda a información necesaria ao respecto para as persoas interesadas en viaxar a Latinoamérica.
  Podes saber máis de nós indo á web: www.comitesromero.org/vigo ou enviando un email:
[email protected]
