Charla: A realidade educativa no Salvador

O Comité Oscar Romero de Vigo e Educación Sen Fronteiras convídannos o xoves 6 de novembro ás 20:30 na parroquia a unha xuntanza-cea onde Anxélica Paniagua (directora da Fundación de Educación Popular CIAZO) e Wilfredo Miranda (profesor dunha escuelita rural en Huisisilapa- El Salvador) contarannos e compartirán a súa loita por unha educación de calidade en El Salvador.

Será unha xuntanza para compartir experiencias por parte destes educadores salvadoreños que participan no proxecto "Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador" co que queren achegarnos a realidade social de El Salvador á comunidade educativa galega, e á xente próxima e non tan próxima do mundo da cooperación e a solidariedade.

{mosimage}