Charla de Advento: «Deus impotente. Para que serve un deus que baila?»

O sábado 28 ás 11 horas celebraremos a tradicional charla de Advento con José Laguna, teólogo e membro de Cristianisme i Justícia, que compartirá connosco as súas reflexións baixo o suxestivo título «Deus impotente. Para que serve un deus que baila?«, coas que de seguro nos axudará a repensar a nosa fe e a atopar camiños para seguir adiante como comunidade.

Despois da charla remataremos o encontro cun xantar comunitario na parroquia, aberto a todas as persoas que desexen seguir conversando co poñente dun xeito máis informal.

Animádevos a participar!
Contamos con vós!