No marco das celebracións do 8M, Día Internacional da Muller, e das súas reivindicacións feministas, as 35 Revoltas de Mulleres na Igrexa – Alcem a Veu do Estado español, volven reclamar a igualdade que a Igrexa lles nega sistematicamente.
O vindeiro domingo 1 de marzo ás 12:00 horas, a Revolta de Mulleres na Igrexa de Vigo, concentrarase fronte á parroquia do Cristo da Victoria, este ano baixo o lema “Este é o meu corpo”. O movemento reafirma así a súa reivindicación pola igualdade nunha Igrexa que as discrimina pola súa condición de muller e que está a quedar á marxe das conquistas sociais en equidade e corresponsabilidade.
As reivindicacións feministas da Revolta de Mulleres na Igrexa terán lugar nos 35 territorios onde xa están presentes as diversas Revoltas: Alacant, Almería, Asturias, Badaxoz, Barcelona-Alcem a Veu, Bilbo-Gure Hitza, Burgos, Cádiz, Cantabria, Ciutadella-Alcem a Veu, Córdoba e Cabra, Donostia-San Sebastián-Emakunmen Aldarria, Huelva, Huesca, Xaén, As Palmas de Gran Canaria, León, Logroño, Lugo, Madrid, Málaga, Murcia, Pamplona-Iruña, Salamanca, Santiago de Compostela- Mulleres Cristiás Galegas-Exeria, Sevilla, Tenerife, Teruel, Valencia-Alcem a Veu, Valladolid, Vigo, Vitoria-Gasteiz e Zaragoza.
Desde eses 35 territorios, a Revolta de Mujeres na Igrexa álzase un ano máis para gritar e reivindicar cunha soa voz, a profunda discriminación e a invisibilización sistemática que as mulleres sofren nas súas múltiples formas no seo da Igrexa. “Un berro que afianza o que foi o noso lema desde os inicios: Ata que a igualdade se faga costume na Igrexa!”, claman as mulleres da Revolta.
Este 1 de marzo, a Revolta convoca ás mulleres e aos homes cómplices –que fan tamén súa a loita “por xustiza e dignidade”–, ao acto pola igualdade que se celebrará ante a Parroquia do Cristo da Victoria. Nesta ocasión, as mulleres da Revolta na Igrexa de Madrid, baixo a lema “ESTE É O MEU CORPO”, sumarán un novo significado da frase para denunciar o control de la Iglesia sobre os seus corpos e reclamar a súa dignidade.
“Xa abonda de abusos de poder contra os corpos e as vidas das mulleres”, clama este movemento profundamente crente e radicalmente crítico coa xerarquía eclesial. A liberación desa asfixia vén da man de Jesús. “Hoxe Xesús achégase a nós, ás periferias, ás ‘imperceptibles’, ás insignificantes, ás destinadas a existir nas marxes”, explican as mulleres da Revolta, que queren facer xustiza a todas as mulleres do mundo.
Por sexto ano consecutivo, a Revolta de Mujeres na Iglesia denuncia como, “aínda sendo o corazón e as mans de la Iglesia, négaselles a palabra, a voz e o voto, a toma de decisións e o liderado como se pon de manifesto, unha vez máis, en cada Sínodo”, sinalan as organizadoras. E segundo aseguran, continuarán coa súa loita ATA QUE A IGUALDADE SE FAGA COSTUME!

