Cabalgata Reis Magos

O vindeiro 5 de xaneiro as familias do noso barrio poderán asistir á tradicional Cabalgata dos Reis Magos. Organizada polo Movemento Cidadán «O noso barrio», a Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro», a Cabalgata desenvolverase no seguinte horario:

17:00 Acollida (na Praza do Pobo)

17:30 Chegada á Igrexa

18:00 Entrega caramelos

18:00 Gran chocolatada

Non a perdades! Dende o barrio e para o barrio…