Festa de A Bouza

Como todos os anos, este pasado sábado, día 14 de xuño, celebramos a nosa tradicional e reivindicativa Festa de A Bouza. Desta vez simplificamos a burocracia e non houbo bar, nin megafonía, nin música en vivo. Tan so un grupo de persoas diversas pero comprometidas, unha Comunidade que quería xantar en comuñón e compartir unhas horas dun sábado. Porque recuperar o sabor da sinxeleza do xantar compartido e da conversa demorada e serena é un xesto revolucionario nestes tempos que corren.

Foi unha fermosa tarde de encontros, confidencias, risas e lembranzas, pero tamén de proxectos de futuro e de compromisos para o vindeiro curso. Foi unha reafirmación da Comunidade como proxecto de Vida e como aposta por un mundo distinto, un mundo mellor.