O pasado sábado, 1 de marzo, Koldobi Velasco agasallounos cunha preciosa charla de coresma, chea de sentido: «Palabras compartidas, alento para o camiño comunitario». Dende a proximidade, dende a tenrura, dende a compricidade, Koldobi desenvolveu una charla participativa, autenticamente comunitaria, na que todas puxemos en común esas palabras compartidas que nos alentan na procura dun mundo mellor: palabras como esperanzar, desobedecer, retecer, decrecer, des-privilexiar, des-mercantilizar, acorpar, tenrurizar, des-patriarcalizar… entre moitas outras. Palabras para construír outro mundo, un mundo posible e necesario, un mundo máis xusto e solidario, un mundo que Koldobi leva animando, sempre con outras, dende hai moitos anos.
A charla compartida prolongouse no xantar e na sobremesa. E mesmo ata máis tarde, cando algunhas de nós acompañamos a Koldobi noutra charla, organizada por Espazo Aberto Antimilitar e O.V.N.I, que contra as 19:30 desenvolveu no novo local do centro social autoxestionado «A nubeira», baixo o título: «O avance do militarismo e da turisficación: o exemplo de Canarias».
Grazas, Koldobi! Pola tenrura, polo palabra e o corazón, polo compromiso, pola alegría…
Compartimos aquí o audio da charla de Koldobi e algunhas imaxes:





