Entroido 2025

Compartimos a celebración do Entroido que se celebrará o vindeiro martes 4 de marzo ás 17:00 no salón de actos do complexo parroquial. Organizada conxuntamente polo Movemento Cidadán «O noso barrio», a Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro», nesta ocasión contarán co grupo Cóxegas para presentar e dinamizar esta festa veciñal.

Dende o barrio e para o barrio. Non o perdades!