O vindeiro sábado 1 de marzo teremos a sorte de compartir a nosa tradicional charla de coresma con Koldobi Velasco, traballadora social de Canarias ben coñecida por algunhas persoas da nosa comunidade e un verdadeiro referente no compromiso social por unha realidade máis xusta. Sempre estivo enredada en diferentes movementos sociais pola Xustiza e a Paz como Alternativa Antimilitarista MOC/ADNV, da Internacional de resistentes á guerra.
A charla será ás 11:30 horas, e logo seguiremos compartindo cun xantar comunitario e cun encontro máis informal despois.
Reservade a data do 1 de marzo !
Animádevos e animade ás vosas comunidades e a quen poida ter interese!
Compartimos o texto da charla de Koldobi o pasado mes de outubro no Foro Encrucillada para que a vaiades coñecendo e vos animedes a achegarvos ao encontro con ela na nosa parroquia: «Os desafíos desde as periferias na Igrexa».
