Benvida comunidade Vagalume!

O pasado sábado 18 de xaneiro celebramos con inmensa ledicia a confirmación dun grupo de 20 mozas e mozos na nosa parroquia, que se comprometeron publicamente a seguir avanzando tras os pasos de Xesús para axudar a construír un mundo de paz e xustiza para todas as persoas.

Esta nova comunidade, bautizada como “Vagalume”, escolleu como lema da súa celebración “Pequenas luces, grandes esperanzas”, e en verdade supón un precioso agasallo de forzas e ilusión para todas nós, intimamente convencidas de que coa súa ollada nova e xuventude, cos seus soños dun mundo mellor e as súas mans dispostas a facelo posible, van ser unha luz para a comunidade toda, renovando a nosa esperanza e axudándonos a continuar cara adiante, sementando vida a pesar das dificultades.

Benvida comunidade Vagalume!

Benvidas Alexia, Xoán, Pedro, Nayra, Paula L., Celia, Noa M., Diego, Daniela, Xavi, Lois, María S., Noa C., Anxo, Izan, Mauro, Paula G, Noelia, María T.!

Aquí nos tedes a todas, felices e ilusionadas por poder camiñar xunto a vós facendo realidade ese soño de Amor e Xustiza que compartimos!