O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 17:00, celebramos as nosas tradicionais Charlas de Advento. Desta vez, contamos coa participación de Tusta Aguilar, teresiana e física de formación cunha longa traxectoria de compromiso coa veciñanza do barrio de San Cristóbal (Madrid) e de traballo calado polas persoas máis empobrecidas.
En setembro deste ano Tusta Aguilar recibiu un recoñecemento da Junta Municipal de Villaverde polo seu traballo de coordinación da Asociación Educación, Cultura y Solidaridad (AECYS) no seu barrio de San Cristóbal, «forjando el alma de nuestro barrio», como se le na motivación do recoñecemento. O seu compromiso co barrio xurdiu ante as dificultades educativas que padecían moitos nenos e nenas da zona. Trátase de prestar apoio socioeducativo ás necesidades máis acuciantes da veciñanza. A Asociación traballa tamén con mulleres adultas que están na procura de saídas laborais.