Xuntanza de Comunidades

O pasado sábado 23 de novembro desenvolvemos pola mañá unha nova Xuntanza de Comunidades, coa idea de reforzar os nosos vínculos e poñer en común os nosos saberes e habilidades. Pero antes contamos coa presentación da Fundación Anunciata Solidaria por parte da irmá dominica Gloria Cañada e de Camila Alemán, traballadora desta ong, que nos falaron das súas actividades e organización. Foi un percorrido inzado de datos e de experiencias de compromiso e solidariedade que nos permitiu coñecer máis en detalle o labor desta ong das irmás dominicas, coa que teñen colaborado persoas da nosa comunidade.

Despois tivemos ocasión para unha breve dinámica que trataba de recoñecer e valorar os nosos saberes e habilidades, para reforzar así tamén a nosa identidade comunitaria.

Houbo tempo tamén para compartir un café e uns petiscos nun ambiente máis relaxado, no que facer abrollar confidencias, risas, preocupacións, esperanzas… a vida, que flúe interminábel.