Acto de rúa do Foro Social Galicia Sur

O Foro Social Galicia Sur convídanos o xoves 5 de xuño, ás 18.30 en Príncipe (diante do MARCO) a un acto de rúa reclamando o aumento do orzamento municipal para axuda ao desenvolvemento. No acto represéntarase un Pleno Municipal de “Aprobación do orzamento de 2008 para a axuda ao desenvolvemento”.

Presentamos o escrito dirixido a Abel Caballero, alcalde do Concello de Vigo, do cal se recolleran sinaturas para presentalo:

"As persoas que asinamos este documento, sumamos a nosa voz á Campaña Pobreza Cero e á Chamada Global para actuar contra a pobreza.

Manifestamos:

– Que a persistencia da pobreza e a desigualdade no mundo de hoxe é inxustificable.

– Que a inxusticia da realidade mundial debe ser corrixida sen excusas nin dilacións.

– Que é posible un mundo no que todas e todos vivamos en condicións de vida dignas e por fin á inxusta e intolerable situación na que vive máis da metade da poboación mundial.

– Que é hora de cumprir os compromisos acadados, e reiteradamente incumpridos, polos Gobernos en sucesivas cumes e foros internacionais sobre o Desenvolvemento.

E Solicitamos:

– MÁIS AXUDA ao desenvolvemento por parte do Excmo. Concello de Vigo, priorizando os sectores sociais básicos, ata acadar nesta lexislatura o compromiso do 0,3%, e o 0,7% ao final da próxima lexislatura.

– MELLOR AXUDA, canalizada por entidades sen ánimo de lucro, desligada de intereses comerciais, orientada aos países e poboacións máis pobres, con total transparencia e obxetividade.

– MÁIS COHERENCIA nas diferentes políticas do noso goberno para que todas elas contribúan á erradicación da pobreza."